Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

O músico e produtor Juan Carlos Fernández Fasero (Arnoia, 1969) foi nomeado director da Axencia Galega das Industrias Culturais o 2 de xullo de 2009.

Fernández Fasero realizou estudos de Física na Universidade de Santiago e no Conservatorio Profesional de Música de Ourense na especialidade de guitarra. Foi membro fundador dos grupos de música folk Grieih, Aqua-Lae e Mutenrohi e autor de tres discos na súa carreira en solitario. Como compositor e produtor musical traballou para Mutenrohi, Cristina Pato, Eva Carreras e Lume.

Nomeado en catro ocasións pola Academia de la Música como mellor autor en galego, recibiu tres premios Luar a producións por el realizadas.

Até a súa incorporación á AGADIC, foi director da empresa Zouma Producciones S.L. e ocupou os cargos de vicepresidente da AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais) e de secretario da Asociación Galega de Produtoras Fonográficas (AGAFONO).

En 2007 resultou elixido concelleiro polo Partido Popular no concello de Arnoia.