AGADIC

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e TurismoAGADIC

Estrutura

Segundo establece a súa lei de creación, a AGADIC conta con dous órganos de goberno -o Consello de Dirección e a Dirección-, así como cun Consello Asesor encargado do estudo, deliberación e proposta nas materias que son competencia da Axencia.

O Consello de Dirección é o órgano de goberno colexiado da AGADIC, presidido polo conselleiro de Cultura e Turismo. Está integrado, ademais, polo director xeral e a subdirector xeral de Creación e Difusión Cultural, polo director da AGADIC, por un ou unha representante da Consellaría de Innovación e Industria e por outro ou outra da Consellaría de Economía e Facenda, en ambos os casos con rango de director ou directora xeral.

A Dirección, nomeada polo Consello da Xunta por proposta do conselleiro de Cultura, actúa como órgano executivo da AGADIC, correspondéndolle a xestión ordinaria desta.

Pola súa banda, o Consello Asesor é o órgano encargado do estudo, deliberación e proposta nas materias competencia da AGADIC. Está presidido igualmente polo conselleiro de Cultura ou a persoa na que delegue.

Ademais, na actualidade están adscritos a AGADIC o Centro Dramático Galego e o Centro Coreográfico Galego.

Presidencia do Consello de Dirección
Roberto Varela Fariña

Consello de Dirección
Membros e funcións

Dirección
Juan Carlos Fernández Fasero

Consello Asesor
O estatuto da axencia establecerá a composición e o réxime de funcionamento do seu Consello Asesor.

Centros de produción