Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

SOCIEDAD FILARMÓNICA RÍAS BAIXAS: Peregrinos musicais

Concerto de Nadal

Intérpretes: Indra Sesti di Lucca (soprano), Cuarteto Ad Libitum Strings, Abi Smeu (violín)

A Filarmónica Rías Baixas ofrece un concerto extraordinario de música cantada e instrumental do Nadal no que encherá de sons o Salón Teatro. Este ano contamos coa privilexiada voz de Indra Sesti dei Lucca acompañada polo magnífico Cuarteto Ad Libitum Strings (Anca Smeu, Grigori Nedobora, Timur Sadikov e Ailsa Lewin) e a colaboración de Abi Smeu, con obras de H. Wolf, G. Tartini, G. F. Händel, Lloyd Webber, A. Piazzola. E. Morricone, D. Shostakovich e L. Anderson.

Indra Sesti Di Lucca
Nada na Habana (Cuba), adquiriu a licenciatura en Música na especialidade de Canto Lírico no Instituto Superior de Arte da Habana. Foi cantante solista da Ópera Nacional, primeiro premio e trofeo no concurso Iris Burguet e Gran Premio da Televisión Nacional, entre outros... Recibiu clases de perfeccionamento vocal de profesoras de tanto prestixio como Celia Langa, Mayda Prado e Montserrat Caballé. Na actualidade é alumna de Jose A. Campos. Así mesmo é soprano solista do grupo de Mùsica Renacentista Herbens Consort. Recentemente gravou coa discografica Low Whistle Records a versión recitada e cantada das Rimas de G.A. Bequer do compositor I. Albèniz e interpretou a Ópera The Telephone (Lucy) de G. Menotti acompañada pola Real Filharmonía de Galicia.

Cuarteto Ad Libitum Strings
Cuarteto homónimo do coñecido grupo de cámara que cultivou éxito crecente de crítica e público nos Festivais de Verán de Sanxenxo 2017 e 2018. Está formado por Anka Smeu violín, Grigori Nedobora violín, Timur Sadykov viola e Ailsa Lewin cello.
indra_sesti

Datas anteriores

17 de decembro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)