Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

IBUPROFENO TEATRO: O Furancho

Texto e dirección: Santiago Cortegoso
Creación e interpretación: Marián Bañobre e Isabel Risco

No noso furancho pódese consumir o excedente de viño, que é sinónimo de humor, e gozar dun espazo de comuñón e complicidade no que o público acode a empaparse coa máis pura e sincera expresión da comedia hilarante.

E para quen non sexa de moito beber alcohol, no noso Furancho Spa Resort Vitivinícola Rosalía de Castro ofrecemos tratamentos de beleza e saúde baseados na viñoterapia. O corpo humano é unha parra que se expande.

Cada célula é unha uva que nos flúe por dentro. Nós cruzamos as sementes das cepas máis exquisitas para atopar a combinación perfecta que che achegue relax e benestar. Todo sen química, nin sulfitos. Ecolóxico 100%.
Ficha artística:
Movemento escénico: Carmela Bueno
Escenografía: Marián Bañobre E Santiago Cortegoso
Vestiario: Marián Bañobre
Iluminación: Salvador Del Río
Son: Quito
Música: Radio Cos

Ligazóns relacionadas:
o_furancho

Datas anteriores

24 de febreiro
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

22 de febreiro
/// 11.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

21 de febreiro - 23 de febreiro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)