Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Festival USCénica: Despois das ondas

Festival de artes escénicas

Compañía: Butaca Zero

Despois da guerra, do exilio, da morte, do éxito, da soidade, do amor; despois de corenta anos, María Casares regresa á patria da súa infancia nunha xira teatral.
A nena medrou para converterse na gran actriz da escena e do cinema francés, no símbolo da España refuxiada, no recordo dunha Galicia perdida na brétema do pasado. Será precisamente nesa néboa onde a gran Casares deberá perderse para atopar o significado dunha vida chea de éxitos e perdas, onde as pantasmas que resoan na súa memoria axudarana a responder á verdadeira razón desta viaxe: quen é María?
Nesta peza mesturando cine en directo, teatro e música poderemos percorrer os lugares e momentos da vida de María Casares na súa viaxe de retorno tras corenta anos de exilio.
Ficha artística:
Dramaturxia: Ernesto Is
Dirección: Xavier Castiñeira
Elenco: Belén Constenla, Nerea Brey, Sonsoles Cordón, Roi Fernández, Beatriz de Vega e Ernesto Is.
Espazo escénico: Xavier Castiñeira e Beatriz de Vega
Taller e construción: José Faro "Coti"
Vestiario: Carlos Pinilla
Iluminación: Javier Quintana
Cinema en directo: Roi Fernández (Sr. Pausa Cinescapismo)
Guión adaptado: Castiñeira e Ernesto Is
Deseño gráfico: Esmera Marketing Dixital e Alltogether Desing
Produción: Esther F. Carrodeguas
Axudante de dirección: Ernesto Is
Unha produción da Deputación da Coruña e ButacaZero. Despois das ondas é un texto de Ernesto Is, gañador do Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña.

Ligazóns relacionadas: Documentos relacionados:

Datas anteriores

11 de xullo
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: Entrada: 3 euros. Despacho de entradas aberto desde as 19.00 h.