Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

CDG en coprodución con TEATRO ESPAÑOL, MENINAS TEATRO e PROVERSUS: Run baby run

Dirección: Jana Pacheco
Autoría: Fátima Delgado

Alba é unha atleta de éxito que loita por conseguir a vitoria e adestra duro para iso. É a favorita ao podio, pero a súa carreira verase truncada por un feito inesperado. Uns meses antes dos Xogos Olímpicos, a deportista é apartada da competición oficial.

Para Alba correr é respirar e, nese momento, o seu mundo derrubouse. Acompañada pola súa inseparable adestradora verase nunha encrucillada na que loita por cumprir o seu soño sen renunciar ao seu verdadeiro ser.

Escrita por Fátima Delgado e dirixida por Jana Pacheco, Run baby run está inspirada nos casos dalgunhas atletas que sufriron discriminación de xénero dentro do deporte. Unha reflexión sobre canto se pode chegar a loitar por cumprir o teu soño estando en xogo o traizoar os teus propios principios e renunciar ao teu verdadeiro ser.
Esta coprodución entre o TEATRO ESPAÑOL, CENTRO DRAMÁTICO GALEGO, MENINAS TEATRO e PROVERSUS conta coa colaboración de Turismo de Galicia e co apoio da Comunidade de Madrid que concedeu unha Axuda á Creación e ao desenvolvemento das Artes Escénicas coa que a dramaturga Fátima Delgado escribiu o texto en 2018.
Ficha artística:
Dirección: Jana Pacheco
Autoría: Fátima Delgado
Elenco: Alba Loureiro, Camila Bossa, Celina Fernández Ponte, Daniel Méndez
Deseño de iluminación: Juan Gómez Cornejo
Deseño de escenografía: Alessio Meloni
Axudante de escenografía: Dita Segura, Giulia Sgró
Deseño de vestiario: Pier Paolo Álvaro Y Roger Portal Cervera
Axudante de vestiario: Dita Segura
Confección de vestiario: Pier Paolo Álvaro Y Roger Portal Cervera, coa colaboración de Entretejiendo Vicálvaro
Música orixinal e espazo sonoro: Fernando Epelde
Coreografía: Greta García
Asesoría e colaboración dramatúrxica: Saida Santana
Asesoría deportiva: Raúl Sánchez García
Asesoría Entroido: J. G. Rodicio
Deseño de cartel: Irene Blasco
Distribución: Isis Abellán (Proversus)
Axudante de produción: Daniela Schmidt
Axudante de dirección: Vicky Peinado Vergara/ Laura Míguez

Público:
Adulto +12
Duración:
80 minutos

Documentos relacionados:
run_baby_run

Datas anteriores

8 de outubro
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

6 de outubro - 7 de outubro
/// 20.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)