Do 14 ao 31 de xaneiro
Funcións:
- xoves ás 20.00 h
- venres e sábados ás 17.00 e ás 20.00 h
- domingos ás 17.30 h; encontro co público ao remate da función do domingo 24
Hoxe, mércores 20 ás 20.00 h: FUNCIÓN DESCONTRAÍDA
Unha sesión cunha atmosfera acolledora e con máis tolerancia respecto do ruído e movemento no patio de butacas. Destinada ás persoas que buscan un ambiente máis relaxado que o dunha representación teatral ao uso, así como ás que poidan sentirse máis cómodas nese contorno, como aquelas con déficit de atención, deficiencia intelectual, espectro autista ou deficiencias sensoriais, sociais ou de comunicación.