AGADIC

Centro Dramático Galego


Aviso

Aberto o prazo de inscrición para asistir aos talleres de formación de xuño e xullo

[2019-06-05 13:38:00] Ábrese o prazo de inscrición para participar nos distintos talleres de formación que o CDG desenvolverá a finais de xuño e principios de xullo:

O corpo como forma de expresión. Taller de adestramento físico
Impartido por Míkel Arístegui
Do luns 17 ao venres 21 de xuño de 10.00 a 14.00 horas no Salón Teatro de Santiago de Compostela
Prazo de recepción de solicitudes: do mércores 5 ao domingo 9 de xuño

Xogar a ser outr@. Taller de construción de personaxes
Impartido por Pablo Viar
Do luns 24 ao venres 28 de xuño de 10.00 a 15.00 horas no Pazo de Bendaña de Compostela
Prazo de recepción de solicitudes: do mércores 5 ao mércores 12 de xuño

As cancelas do falar. Taller de competencia lingüística
Impartido por Rosa Moledo
Do luns 1 ao venres 5 de xullo de 10.00 a 15.00 horas no Salón Teatro de Santiago de Compostela
Prazo de recepción de solicitudes: do mércores 5 ao domingo 16 de xuño

A frecuencia da cicatriz. Taller inclusivo de investigación escénica
Impartido por Marta Pazos e Laila Ripoll
Do luns 1 ao venres 5 de xullo de 10.00 a 15.00 horas e o sábado 6 de 17.00 a 22.00 horas (mostra aberta) no Salón Teatro de Santiago de Compostela
Prazo de recepción de solicitudes: do mércores 5 ao domingo 16 de xuño

Ficción e documento. Taller de dramaturxia
Impartido por Jordi Casanovas
Do luns 8 ao venres 12 de xullo de 10.00 a 15.00 horas no Salón Teatro de Santiago de Compostela
Prazo de recepción de solicitudes: do mércores 5 ao domingo 16 de xuño

Consulta toda información destes cursos no apartado de Formación


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal