AGADIC

Centro Dramático Galego


Aviso

ETIQUETA SANITARIA PARA ASISTIR AO SALÓN TEATRO

[2020-06-30 14:01:00] Para acceder e permanecer no Salón Teatro é imprescindible cumprir a seguinte ETIQUETA SANITARIA:

- Levar posta adecuadamente unha máscara hixiénica en todo momento.

- Realizar a hixiene de mans á entrada e á saída do Salón Teatro cos xeles hidroalcohólicos dispostos a tal efecto.

- Limpar as solas nos felpudos colocados a tal efecto.

- Non se poderá acceder á sala unha vez apagadas as luces ou comezada a función.

- Non se poderá entrar de novo na sala se se sae dela durante a función por calquera circunstancia.

- O acceso ao teatro comezará 25 minutos antes do inicio do espectáculo e será organizado polo persoal de sala do CDG comezando polas primeiras filas da planta baixa e polas butacas máis próximas ás paredes.

Prégase presentarse no Salón Teatro coa máscara posta e coa/s entrada/s na man antes desa hora.

Seguindo as indicacións do persoal, establecerase na rúa unha fila ordenada mantendo a distancia de seguridade e prestando atención ás instrucións que se transmitan.

No caso de presentar síntomas compatibles coa covid-19 ou tela diagnosticada non se deberá acudir ao Salón Teatro.

O dereito de admisión queda condicionado ao seguimento estrito das normas de etiqueta sanitaria, de seguridade xeral e ás indicacións do persoal de sala do CDG.


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal