AGADIC

Centro Dramático Galego


Aviso

"Das musas ao teatro. O espazo do espectáculo en Galicia", novo recurso didáctico para achegar aos máis novos a realidade da escena

[2021-03-17 19:33:00] Xa está á disposición dos centros educativos e da sociedade en xeral o recurso pedagóxico "Das musas ao teatro. O espazo do espectáculo en Galicia", destinado a achegarlles aos máis novos a realidade da escena. Trátase dunha publicación dixital elaborada por Sheila García Prado e Ana Seoane Suárez ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

O traballo inclúe un percorrido polos principais espazos teatrais de Galicia (entre eles, o Salón Teatro de Santiago de Compostela, a sede do CDG) e afonda nos elementos que conflúen na posta en escena dunha peza dramática, como as personaxes, a luz ou a escenografía. Ademais, contén actividades creativas para a rapazada e un glosario de termos teatrais.

Das musas ao teatro" pódese descargar aquí.


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal