AGADIC

Centro Dramático Galego


Aviso

Bolsa de dramaturxia e creación

[2021-03-27 12:30:00] Seguindo as bases da convocatoria para selección de proxectos para a contratación da creación dunha dramaturxia que será empregada nunha coprodución de Centro Dramático Galego (CDG), conforme á Resolución do 26 de marzo da Axencia Galega das Industrias Culturais), a comisión de valoración emitiu o seu ditame, no que decidiu seleccionar, por maioría, a contratación da dramaturxia a:

ERNESTO SUÁREZ IS, co proxecto 'RELATO PARA UN INCENDIO'.

-Extracto da acta

_______________________________________

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura. Educación e Universidade, en cumprimento da súa lei de creación, ten como obxectivo xenérico o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, para o que coopera na achega de factores produtivos, no fomento da oferta de bens e servizos e na asignación de ingresos eficientes e estables. Pola súa banda, o Centro Dramático Galego (CDG) adscrito á Agadic, ten como obxectivo o apoio á creación artística, á investigación e á formación dos profesionais do teatro; a descentralización de accións e tender pontes entre proxectos e institucións, así como a achega ao encontro do teatro con outras disciplinas artísticas.

Así, con este procedemento preténdese darlle impulso a un destes fins de promoción da dramaturxia galega contemporánea, mediante a convocatoria a todo o sector para que presente proxectos de escrita dramática, co compromiso de formalizar, coa entidade/profesional seleccionada pola comisión técnica profesional que se constituirá para este efecto, os correspondentes contratos de creación dramatúrxica do proxecto seleccionado.

A esta primeira convocatoria, dotada con 4.000 euros, seguiralle unha segunda, dotada con 12.000 euros, para levar a cabo este ano, en réxime de coprodución, un espectáculo teatral a partir da dramaturxia elaborada polo presente procedemento.


Documentación


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal