[2022-05-20 08:51:00] Publícanse neste enlace á web da Axencia Galega das Industrias Culturais da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades a convocatoria e as bases reguladoras do proceso de selección para a contratación, baixo a modalidade de contrato especial para artistas, ao abeiro do Real decreto 1435/1985, do 1 de agosto, de dezaoito (18) prazas de actrices e actores, cinco (5) coa categoría de protagonista e trece (13) coa categoría de principais, repartidas nas tres producións do Departamento de Produción Teatral (Centro Dramático Galego) no período 2022-2023.
-Aquí poderá seguirse tamén o resto do proceso.