AGADIC

Centro Dramático Galego


CDG: Salomé

De Oscar Wilde
Carlos Santiago, director

Nun país mítico, Galilea, o tetrarca Herodes Antipas celebra o seu aniversario nos xardíns do pazo presidencial cun banquete organizado na súa honra pola alta sociedade xudía, un acto político que acapara a atención dos medios de comunicación pola inminencia dunha nova cita electoral. O propio César envía ao seu embaixador desde Roma para darlle a beizón do imperio á nova candidatura de Herodes. Os augurios parecen propicios e Herodes goza do momento xunto á súa esposa Herodías na mesa presidencial.

Porén, nas traseiras do pazo, fóra do pavillón que acolle o evento, o equipo de produción traballa baixo o luar incomodado pola voz iracunda de Iokanaan, profeta popular e mesiánico sometido por Herodes a dura prisión no cortello dos porcos, onde o tetrarca adoita facer desaparecer os seus peores inimigos. Mesmo así, Iokanaan non se farta de denunciar a corrupción e inmoralidade que envolve a gobernanza de Herodes desde a súa angosta prisión.

Mais o verbo terrible do profeta chama a atención de Salomé, fillastra de Herodes, moza de virxinal beleza por quen suspira toda a corte, incluído o seu padrasto, que sente por ela unha paixón inconfesable e politicamente comprometida. Salomé, celosa da súa virxindade como a deusa Selene, mais fatalmente posuída por escuras paixóns, encapríchase de Iokanaan e desencadea unha sanguenta traxedia que encherá o banquete presidencial de morte e depravación.


Ler máis

Salome_300x300


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal