AGADIC

Centro Dramático Galego


CDG: A ópera dos tres reás

De Bertolt Brecht e Kurt Weill
Quico Cadaval, director

A acción da obra atravesa 45 horas nerviosas dunha cidade onde fumega a ambición, os sonos, a traizón, a mesquindade, o desexo, a tortura e a beleza. Pero as peripecias comezaron moito antes, durante a infancia do bandido Mackie da Faca, que xogaba cos seus amigos a policías e ladróns, a banqueiros e proxenetas. Xa entón, Mackie era como ese cabalo que ule a gañador na liña de saída. Parece que nada pode detelo no seu camiño marcado de éxitos delituosos, ata que se lle antolla casar con Polly Peachum, a filla do rei dos mendigos. É o principio do fin. Pero antes léganos unha frase memorable: "Que é o asalto dun banco comparado coa fundación dun banco?"


Ler máis

opera_300x300


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal