AGADIC

Centro Dramático Galego


CDG: O profesional

De Dusan Kovacevic
Manuel Guede Oliva, director

O Centro Dramático Galego (CDG) en coprodución coa Companhia de Teatro de Braga (CTB) presenta, dentro do seu plan de produción propia para a temporada 2012-2013, a posta en escena do espectáculo O profesional, a partir do texto de Dusan Kovacevic, guionista e director de orixe serbia, e unha das grandes figuras da escrita dramática europea actual.

O director da compañía da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Manuel Guede Oliva, púxose á fronte desta montaxe dun só acto e catro personaxes que indaga na fraxilidade dos ideais así como na grandeza e miseria do espírito humano.

A historia ten lugar en Belgrado, en 1990. Hai xa dez anos que o presidente Tito morreu. Neste mesmo ano o Partido Comunista renuncia ao seu monopolio de goberno. A época é confusa. As loitas polo poder inician un camiño de sangue, pero o peor, a guerra dos Balcáns, aínda está por chegar. Neste contexto, Kovacevic crea unha fábula ácida e grotesca: no caos dunha editorial en bancarrota, sobre un fondo de festa e música, a vella xeración combate contra a nova; fóra, todo ensombrece sen remedio.

O profesional é a historia dun encontro entre un ex activista político acomodado hoxe entre as redes do poder e o policía que durante dúas décadas lle seguiu os pasos. Os que nunha época foron vítima e verdugo, perseguido e perseguidor, ven agora como os seus papeis se inverten, se desdebuxan e se confunden.


Ler máis

o_profesional


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal