AGADIC

Centro Dramático Galego


CDG en coprodución con Teatro do Noroeste:
Touporroutou da lúa e do sol

De Roberto Vidal Bolaño
Eduardo Alonso, director

Teatro do Noroeste coproduce co Centro Dramático Galego, e en colaboración coa Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia, esta nova versión do texto que moitos especialistas na obra de Vidal Bolaño consideran como o de máis alta calidade escénica de todos os que escribiu para o público infantil. O espectáculo, que se estrea o 4 de outubro no Salón Teatro de Santiago, insírese na programación especial que a Consellería de Cultura e Educación dedica este ano ao autor homenaxeado no Día das Letras, contribuíndo deste xeito á promoción e difusión da súa figura e da súa obra entre os espectadores máis novos.

Touporroutou da lúa e do sol preséntase como unha "farsada choqueira para actores e bonecos, ou viceversa" na que catro titiriteiros axúdanse dos máis diversos elementos para contar historias sobre a orixe destes astros, dos días e das noites, do diluvio universal e sobre como acertar cos tesouros e tratar os mouros, as fadas e, sobre todo, as serpes e os xigantes que os gardan.


Ler máis

Touporroutou


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal