AGADIC

Centro Dramático Galego


CDG Obras: Tartufo

Jean-Baptiste Poquelin, Molière
Carles Alfaro, director

Tanto Orgón, membro da alta burguesía parisiense, coma a súa nai, Madame Pernelle, atópanse baixo a influencia de Tartufo, un falso devoto que se erixe no seu director espiritual e que persegue, en realidade, ficar con todos os bens do seu protector. Ao mesmo tempo, este impostor trata de casar con Mariana, a filla de Orgón, mentres seduce a súa segunda muller, Elmira. A trama vaise complicando progresivamente coas intervencións de Damis (fillo de Orgón), Cleanto (irmán de Elmira) e Valerio (amante de Mariana), que son puntualmente comentadas dende o ácido punto de vista da criada Dorina.

Esta comedia de enredos, aparentemente lixeira, non só cumpre a función propia do seu xénero: divertir os espectadores, senón que posibilita unha segunda lectura sobre o que pode chegar a suceder cando un farsante se interpón entre o poder e quen o posúe co obxectivo de satisfacer os seus intereses persoais. Fálanos do alcance das aparencias, da cegueira que provoca non querer ver e das visións que substitúen a realidade.

Tartufo fálanos, en fin, do perigo que corremos nós e mais a nosa xente cando confundimos a hipocrisía coa honestidade e a honestidade coa hipocrisía.


Ler máis

Tartufo


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal