Dirección: Gloria Rico
Texto: Afonso Becerra de Becerreá
Dúas persoas. Unha situación cotiá dentro do cuarto de baño. Ou non, depende de para quen. Queredes acompañarnos?
Con Unha rosa entre as pernas inauguramos o ciclo Teatro Ob-sceno (fóra da escena), que dará cabida a aquelas propostas que precisan dun espazo alternativo para a súa representación. Nesta ocasión, será o cuarto de baño dos camerinos do Salón Teatro o que acollerá esta peza de Afonso Becerra de Becerreá, dirixida por Gloria Rico.