AGADIC

Centro Dramático Galego


AVENTO PRODUCIÓNS TEATRAIS: BU21

Dirección e dramaturxia: Xoán Abreu
Texto: Stuart Slade

22 de xullo do 2017. Unha fermosa mañá de sol en Londres. Os avións deixan o rastro tras deles cruzando o ceo despexado. Unha forte luz repentina e, para miles de
persoas na capital inglesa, a vida cambia para sempre. BU21 está baseada en testemuñas reais recollidas de diversos incidentes terroristas, entre eles as bombas do 7 de xullo en Londres, o 11-S, os ataques en París etc.

A busca da felicidade, esa felicidade que despois dun suceso aterrador
parece inexistente… Ás veces os acontecementos fatídicos fan aparecer Heroes, e as veces… non.

O nome do espectáculo producido por Avento Producións é o nome dun voo
transoceánico que é atacado por unha célula terrorista mentres aterraba en Londres. O texto do londiniense Stuart Slade, conta de xeito irónico, acedo e incluso cómico as historias de seis persoas que se viron afectadas e sobreviviron ao accidente.


Ficha artística:
Elenco: Fernanda Barrio, Dunia Díaz, Martín Máez, Fran Peleteiro, Rocío Salgado e Machi Salgado
Escenografía e iluminación: Diego Valeiras
Vestiario: Avento Producións

bu21

Ligazóns relacionadas



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal