AGADIC

Centro Dramático Galego


BORJA FERNÁNDEZ: Salvador

Idea e creación: Borja Fernández
Dirección: Borja Fernández e Uxía Vaello

"Eu non coñecín ao meu avó Benito Fernández. Morreu en 2004. Emigrou a Brasil durante a postguerra española, e desapareceu. En cada imaxe na que aparece semella unha persoa diferente. Minte, oculta información. Reinvéntase a si mesmo en varias ocasións. Moitos emigrantes transfórmanse. Como o "spam" desta historia. Como se o meu avó soubese que alguén no futuro estaría na súa procura, e a súa maneira de agocharse fora mudar a súa identidade e o seu pasado, como xogando ao descoido".
(Borja Fernández. Ilhéus, Bahía. Brasil. 20 de setembro de 2015)

Salvador é un proxecto escénico para un actor/músico e unha video jockey/manipuladora de obxectos, sobre os movementos migratorios, as desaparicións e os encontros.

Salvador céntrase na figura dos avós, concretamente nos avós galegos emigrados a mediados do século pasado a Sudamérica, e do seu o impacto na historia recente na configuración das comunidades, familias e individuos contemporáneos.

Salvador está a metade de camiño entre o documental e a ficción teatral, con especial énfasis na combinación de texto, movemento, música en directo, e novas tecnoloxías.


Ficha artística:
Asistencia dirección e dramaturxia: Diego Anido
Asistencia artística: Cláudio Días (Cia Lula Lunera) e colectivo A Berberecheira
Textos: Borja Fernández e Manolo Cortés
Audiovisuais e iluminación: Laura Iturralde
Espazo sonoro: Borja Fernández
Vestiario: Uxía Vaello
Apoios en residencia: Iberescena, Grupo Chévere, Csc. A Ramallosa (Teo, A Coruña), Centro Dramático Galego, Espaço Luna Lunera (Belo
Horizonte), LA movida (Belo Horizonte)
Agradecementos: Grupo Chévere, Iván Marcos, Rosvita, Pálida, Consulado de España en Salvador, Carlos Carbonell, Manuel Xestoso, Mónica Carbonell, familia Fernández Mangas, familia Fernández Meirinho de Vasconcelos, emigrantes galegos en Salvador de Bahia

salvador


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal