AGADIC

Centro Dramático Galego


TALÍA TEATRO en coprodución co CDG: Os mortos daquel verán

Dirección: Artur Trillo
Autoría: Carlos Casares

Talía Teatro e o Centro Dramático Galego presentan unha aproximación escénica á novela de Carlos Casares, Os mortos daquel verán.

A aparición do cadáver do boticario Ernesto Vilariño Dacal, morto supostamente en accidente ao comezo da guerra civil, pon en marcha unha investigación xudicial na que unha rica galería de personaxes irá achegando o seu testemuño para intentar esclarecer o caso.

O pulo para acadar a verdade, a crítica do dogmatismo e das diversas formas de violencia opresora son as forzas que inspiran esta proposta escrita cunha linguaxe innovadora e unha extraordinaria solvencia narrativa.


Ficha artística:
Elenco: Toño Casais, María Ordóñez, Dani Trillo, Diego Rey, Artur Trillo, Rubén Prieto, Marta Ríos e Xurxo Barcala
Escenografía e iluminación: Dani Trillo
Vestiario: Martina Cambeiro
Música: Fernando Fraga
Produción executiva: Áurea Ferreiro
Duración: 90 minutos
Idade recomendada: N.R.M 13 anos

os_mortos_dalquel_veran


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal