AGADIC

Centro Dramático Galego


GRUPO DE TEATRO DOWN COMPOSTELA: Arthur, Arturo, Artur

Guión e dirección: Lucas Herrador
Elenco (por orde de intervención): Paula Fernández, Elena Zas, Kevin Suárez, Yone Zas, David Burés, Marta Hermida, Óscar Carril, Álvaro Díez, Daniel Martínez, Iván Allende, Elías Ledo, Carmiña Romero, Jesús Rey, Raquel Suárez, Jacobo Dopazo, Marta López, Daniel Pombo, Daniel López

O rei Arturo é un gobernante xusto, capaz de reunir baixo o seu mando a homes e mulleres que estaban en constante loita e que ao provocar a unión, trae a paz e, en consecuencia, a prosperidade. É un líder criado, educado e aconsellado por un sabio que lle marca o camiño da orde e da virtude. Imaxinemos por un instante que houbera un país así: seu máximo dirixente é unha persoa honrada ata o extremo, que se rodea dun equipo de goberno onde todos mandan por igual, unha mesa redonda na que importa pouco o ben te leves co xefe, so interesan os coñecementos e a honestidade para ocupar o cargo. Non nos iríamos de inmediato a ese país para ser dirixidos por tal gobernante e ter paz, seguridade, liberdade e futuro?

Formado actualmente por 19 actores e actrices e dirixido por Lucas Herrador, o Grupo de Teatro Down Compostela nace en 2009 ca adaptación da obra Alicia en el país de las maravillas estreada no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. Desde aquela representaron 7 obras máis, cada ano unha obra diferente: Esopo y sus fábulas ( 2010), Romeo y Julieta ( 2011), Fuenteovejuna (2012), Bodas de sangre ( 2013), Las pruebas de Hércules (2014), Solo ante la Peligros ( 2015) e Búscame a ese tipo (2016).


Ficha artística:
Cartel: Rafael Romero Masiá
Maquillaxe: Equipo Down Compostela
Perruquería: Olalla Buján e Rebeca E.
Vestiario: Josefa Cacharrón e Blanca V.
Música: Samuel Quelle
Decorado: Rebeca Esmorís, Jessica Rivas e Ana Pais
Voz e dicción: María Gª Quintas
Produción: Blanca Villar



artur


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal