AGADIC

Centro Dramático Galego


ANÓMICO TEATRO: Chuvia

Texto e dirección: Julio Fernández Peláez

Watt e Olf, dous homes cun marcado trazo intelectual, atopan na súa vivenda a un home espido e refuxiado baixo unha cadeira, un home do cal descoñecen todo, mesmo como chegou ata alí, e co que non chegarán a ter contacto, agás do visual, mais que espertará neles todo tipo de especulacións. Non é este, con todo, o incidente de maior magnitude que sobrevén na cotidianeidade de Watt e Olf. De súpeto, e como nun soño, a cidade derrúbase, e os tres homes volven atoparse no medio dos cascallos.

Cun forte carácter alegórico e surrealista, Chuvia constitúese nun relato onde a inacción e a inercia doss seus personaxes contrasta co drástico devir dous acontecementos, e onde a expresión das emocións agocha unha insoportable incapacidade para asumir a preta existencia do Outro.


Ficha artística:
Elenco: Manu Dosouto, Roberto Leal e Alberto Rolán
Axudante de dirección e Movemento: Eva Alfonso
Espazo escénico: Montse Piñeiro
Iluminación: Raquel Hernández e Pedro Fresneda
Corrección lingüística: Norma Rodríguez
Deseño gráfico e fotografía: María Costa
Agradecementos: SGAE e Teatro Ensalle
Producción: ANÓMICO TEATRO



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal