AGADIC

Centro Dramático Galego


SEMINARIO "Corpo e vibración"

Impartido por Javier Martín


Unha superficie plana que abarcula xera as tres dimensións, o cóncavo e o convexo; se falamos dun medio metálico, os sons que proxectan estas superficies son estudados pola ars tintinabula, a arte de tocar as campás. O son é un modo da vibración —unha textura de movemento— que se propaga nun determinado espazo físico, o aire. Denomínase vibración á propagación de ondas elásticas producindo deformacións e tensións sobre un medio continuo (ou posición de equilibrio). Tal medio equilibra compresión con tensión e cede ás forzas que se lle aplican sen romper; respondendo á gravidade de maneiras interesantes —labirínticas— ao producir axustes que axudan a acomodar a situación, coma síntomas e sistemas eferentes que reorganizan a tensegridade do corpo. A vibración de fondo na textura dun corpo é nexo de cambio clave cara un outro paradigma relacional, outras calidades que cos seus graos de liberdade específicos sosteñen outro locus de control ou sistema conectivo, incorporando ao seu través información oportuna ou novos afectos.
Mecamística, Javier Martín

Javier Martín
O coreógrafo Javier Martín desenvolve o seu proxecto de investigación arredor das artes do movemento a través da creación de discurso e a aplicación do mesmo en talleres e seminarios transdisciplinares, conferencias-performativas, grupos de investigación e, como motor e causa de todo, a creación de espectáculos. Desde 2004 estreou máis de 30 pezas en España, Francia, Rusia, Portugal, México e Ucrania. Recentemente foi artista residente en EIRA, Lisboa; Kannon House, San Petersburgo; Centro Canal, Madrid o MUN, Pamplona; e presentou os seus últimos proxectos en UNAM, Museo del Chopo, México; GogolFest, Kiev; CCCB, Barcelona; Theatro Circo, Braga; Pompidou, Málaga; Reina Sofía, Madrid; e a Universidade da Sorbonne, París entre outros.
Taller organizado en colaboración cos programas "Arredor do son" do Festival Curtocircuíto e Galicia ProFilme da Agadic.




AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal