AGADIC

Centro Dramático Galego


INVERSA TEATRO: Té con Kant

Texto, dirección e creación: María Caparrini e Marta Pérez
Elenco: Marta Pérez e María Roja

Té con Kant é un proxecto experimental que conxuga o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía para obter unha peza de teatro próxima ao formato de teatro-didáctico-conferencia.

Johanna Gottfried e Theodora Krauss son dúas mulleres ilustradas chegadas á nosa época nunha viaxe no tempo desde a Prusia do século XVIII. Unha vez aquí tentarán exercer como axitadoras filosóficas coa pretensión de remover e promover a reflexión (e acción) do público asistente ao redor da problemática moral nos nosos días, a partir das ideas do seu amigo o filósofo Inmanuel Kant. A última palabra sobre o destino destas personaxes dependerá unicamente do público asistente que terá que tomar unha decisión seguindo o Imperativo Categórico Kantiano. Atréveste a pensar con elas?

A peza Té con Kant ten un longo percorrido por diferentes teatros e festivais. Foi merecedora do Premio Teatral Maruxa Villanueva para Marta Pérez e recibiu tamén o I Premio do público Coiro de Pita da Sala Ingrávida de Porriño en 2015.


Ficha artística:
Creación gráfica: María Roja
Científico: Xosé Manuel Esperante
Luz e son: Araceli Paz
Fotografía: Ángel Sousa, Berio Molina e Leonor Sangabriel
Edición de vídeo: Ángel Sousa e Marcela Ceballos
Vestiario: Centro Dramático Galego
Música: Mozart. Alféizar
Maquillaxe: Inversa Teatro
Produción: Inversa Teatro

te_con_kant

Documentos relacionados



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal