AGADIC

Centro Dramático Galego


TANXARINA TÍTERES: A casa do avó + Taller de monicreques

Gran Teatro para os Máis Pequenos

Guión e dirección: Cándido Pazó
Actores - manipuladores: Eduardo Rodríguez, Miguel Borines e Andrés Giráldez

Roberto recibe a noticia de que o seu avó vai quedar sen casa. Ante esta inxusta situación o neno ponse en marcha para atopar unha solución e, nesta busca, dispárase un mundo de pequenas e divertidas aventuras protagonizadas polas máis variadas personaxes. Un encontro cómico e poético que desemboca nun final feliz propiciado polo apoio solidario. Unha peza de teatro social e educativo onde os dereitos dos nenos e dos maiores van máis alá do puramente artístico.

TALLERES

Se estás farto de aturar os teus pais e as súas compras de Nadal, este ano pídelles que te deixen antes nun dos nosos talleres, que se desenvolverán 2 horas antes de cada función. Poderás agasallalos cunha sorpresa feita por ti!

MOITA TEA QUE CORTAR. O teatro de monicreques
Xoves 21 e venres 22 de decembro de 17 a 19 h
MALLO EN DECEMBRO. Sobre Maruxa Mallo
Venres 29 e sábado 30 de decembro de 17 a 19 h
SOA IGUAL A DIFERENZA. O espazo sonoro da inclusión
Mércores 3 e xoves 4 de xaneiro de 17 a 19 h

Número de prazas dispoñibles: 30

Prezo: gratuítos para a Tarifa familiar e para os Bonos de 4 entradas. Neste caso será imprescindible a reserva telefónica previa das prazas dos talleres no teléfono 881 867 229.
5 € para as persoas que NON merquen a Tarifa familiar nin os Bonos de 4 entradas. Neste caso o pago do taller farase na billeteira do Salón Teatro 2 horas antes de cada función nos días previos ás funcións de Nadal, ou no mesmo día do taller desde media hora antes do comezo.

Todas as prazas asignaranse por estrita orde de reserva telefónica/compra ata esgotar a dispoñibilidade.


Ficha artística:
Deseños, escenografía e atrezo: Pablo Giráldez 'O Pastor'
Vestiario: Carlos Alonso
Músicas: Francisco Barreiro
Construción de siluetas: Tanxarina títeres
Técnico de luz e son: Andrés Giráldez
Produción: Tanxarina títeres
Espectáculo subvencionado pola AGADIC e patrocinado polo Padroado de Cultura do Concello de Narón
IDADE RECOMENDADA: A PARTIR DE 6 ANOS

a_casa_do_avo


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal