Dirección: Eduardo Alonso
Autor: Eduardo Alonso
Dous animais, unha vella cadela e unha gata nova, toman características humanas para construír un proceso de aprendizaxe e toma de valores éticos en ton de comedia musical.
Animais de compañía é unha fábula moderna sobre as relacións humanas e o respecto ás diferenzas. A igualdade é un valor ético de grande importancia.
TALLERES
Se estás farto de aturar os teus pais e as súas compras de Nadal, este ano pídelles que te deixen antes nun dos nosos talleres, que se desenvolverán 2 horas antes de cada función. Poderás agasallalos cunha sorpresa feita por ti!
MOITA TEA QUE CORTAR. O teatro de monicreques
Xoves 21 e venres 22 de decembro de 17 a 19 h
MALLO EN DECEMBRO. Sobre Maruxa Mallo
Venres 29 e sábado 30 de decembro de 17 a 19 h
SOA IGUAL A DIFERENZA. O espazo sonoro da inclusión
Mércores 3 e xoves 4 de xaneiro de 17 a 19 h
Número de prazas dispoñibles: 30
Prezo: gratuítos para a Tarifa familiar e para os Bonos de 4 entradas. Neste caso será imprescindible a reserva telefónica previa das prazas dos talleres no teléfono 881 867 229.
5 € para as persoas que NON merquen a Tarifa familiar nin os Bonos de 4 entradas. Neste caso o pago do taller farase na billeteira do Salón Teatro 2 horas antes de cada función nos días previos ás funcións de Nadal, ou no mesmo día do taller desde media hora antes do comezo.
Todas as prazas asignaranse por estrita orde de reserva telefónica/compra ata esgotar a dispoñibilidade.