AGADIC

Centro Dramático Galego


VOADORA: Garaxe

Festival Escenas do Cambio

Texto:Fernando Epelde
Dirección: Marta Pazos

É certo que algunhas cancións soan mellor no coche?

Esta investigación poética ocúpase de todo o que pode chegar a suceder dentro dos automóbiles, extensións dos nosos corpos e testemuñas mudas das nosas existencias. Ao igual ca nós, suxeitos a revisións cada vez máis frecuentes, e tristemente presentes o día de autos ómira ti por ondeó cando nos conducen ao noso destino final.

A compañía VOADORA segue explorando a utilidade do teatro, o seu vínculo co presente máis cotiá e o seu efecto transformador nas comunidades. Con este espectáculo, protagonizado por traballadoras da industria automobilística, presenciamos un choque frontal entre unha compañía de teatro e unha comunidade, desdibuxando os límites dese concepto sumamente abstracto que chamamos economía e a súa tradución aos pequenos espazos cheos de graxa e pezas de desgüace, onde se fragua a vida das persoas e a súa problemática na Europa contemporánea.

Este espectáculo estreouse en Francia no Théâtre de Montbéliard coa participación de persoas vinculadas á fábrica PSA Peugeot Citroën Sochaux, a máis antiga de Europa. Agora preséntase por primeira vez en España protagonizado por traballadoras vinculadas a PSA-Citroën de Vigo.

Voadora presenta un proceso de creación con artistas consolidados e actrices que non o son. Un novo proceso de creación que flirtea coa performance, dotado de intelixencia escénica e unha moi fina sensibilidade.


Ficha artística:
Elenco: Espectáculo participativo do que son protagonistas traballadoras da PSA Peugeot Citroën de Vigo e voluntarias de diferentes xeracións vencelladas coa fábrica
Coreografía: Guillermo Weickert
Bailarina: Clara Ferrao
Iluminación: Diego Villar
Música Orixinal: José Díaz, Fernando Epelde e Hugo Torres
Produción: José Díaz
Coprodutores: Voadora e MA Scène Nationale-Pays du Montbéliard
Colaboracións: AECID, Embaixada Española en Francia

garaxe


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal