AGADIC

Centro Dramático Galego


A FEROZ: Afterparty

Texto e dirección: Lorena Conde

Tiñan a festa preparada, dicían. Era para ti. A que che estaban montando ía ser de traca. Había de todo. E gratis. Estábancha a preparar a forza de levantarse ás sete seis días á semana, corenta e oito semanas ao ano, ano tras ano tras ano tras ano. Todo para que tiveras o que non tiveron, para que chegaras a onde non chegaron.
Desde 1975 xuróusenos que, se as notas non baixaban o ano seguinte, se non nos metiamos drogas e non nos xuntabamos con malas compañías, estaba todo feito. Pero non é. A cambio imos de pedrada en pedrada, recollendo os restos da festa para reconstruíla unha e outra vez. Somos a xeración que herdou os restos. Os que bebemos de vasos usados e comemos as sobras. Pero agora chegamos e, xa que estamos aquí, ímola montar.
Afterparty é un artefacto escénico no que a letra, a música, o espazo e o corpo medran á vez nun proceso de creación interdisciplinar. Unha peza que fala da decepción, do empeño na felicidade e das preguntas que se fai unha xeración que chegou tarde a todo. Nesta montaxe constrúe un relato emocional no que reina o espírito do lixo, do exceso posmoderno, do Estudio 54 ás 11.00 da mañá, dos restos das vodas de Canaan.


Ficha artísitica:
Elenco: Lolo Castro, Gustavo Freire, Beatriz Romero e Inés Salvado.
Escenografía: Cecilia Castro Mosquera e Álvaro G. Mallo
Iluminación: A Feroz
Espazo Sonoro: Manuel Abraldes
Produción: Beatriz Romero
Con colaboradores sorpresa

afeterparty


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal