AGADIC

Centro Dramático Galego


Xornada de portas abertas para conmemorar o Día Mundial do Teatro


0] O Centro Dramático Galego (CDG) compartirá coa cidadanía a celebración do Día Mundial do Teatro, que terá lugar o vindeiro luns 27 de marzo, cunha xornada de portas abertas na súa sede do Salón Teatro, en Santiago. Esta acción divulgativa busca achegarlle ao público tanto a historia deste edificio da zona monumental de Compostela, como as engrenaxes que se poñen en marcha tras o pano cara á escenificación dun espectáculo.

Con tal fin, organizarase un total de cinco visitas guiadas en horario de mañá (10.00, 11.30 e 13.00 h) e de tarde (16:30 e 18.00 h), gratuítas e axeitadas para todos os públicos. As prazas limítanse a 10 persoas en cada quenda de 45 minutos de duración e adxudicaranse por orde de solicitude entre as persoas que se inscriban a través do teléfono 881 867 226 / 228, en horario de 9.00 a 14.30 h, ou no correo electrónico centro.dramatico.galego@xunta.gal.

"Que tempos serán os que vivimos, que hai que defender o obvio", cita do dramaturgo Bertolt Brecht, serve de lema para estas visitas, que darán comezo no exterior do teatro.




AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal