AGADIC

Centro Dramático Galego


TEATRO OB-SCENO


Despois do éxito de Unha rosa entre as pernas, que inaugurou no baño dos camerinos este ciclo de teatro fóra do escenario, esta temporada contamos con tres novas propostas:

-Amor. HELEN BERTELS. No ambigú.
Creación e interpretación: Helen Bertels
Axudante de dirección: Gena Baamonde
Iluminación: Paulina Funes
Vestiario: Vaello
Produción: Belém Brandido

Cal é a esencia da muller? Que fai que sexamos nos mesmas? Que sabemos do misterio que levamos dentro de nos?

-Deixa de tocala, Sam. AVELINA PÉREZ. No montacargas
Dirección e dramaturxia: AveLina Pérez
Iluminación: Daniel Casquero

O punto de partida desta creación ten lugar hoxe, agora, cando os referentes se esnaquizan contra o chan, nun golpe seco, e os varredores de lixo recollen o lixo nas bolsas para o lixo. Cando o príncipe de Dinamarca xa non nos salva…

-Barbarie en branco e negro. JOSI LAGE. No gardarroupa
Dramaturxia e dirección: Esther F. Carrodeguas
Actriz/performer: Josi Lage

Que prexuízos se agochan detrás da nosa pel? Que perversidades por si mesmas están fluíndo nas nosas cabezas sen que o desexemos e sen que o poidamos controlar? Se os nosos pensamentos se puideran imprimir… daríannos vergoña?

Este programa está pensado para dar cabida a aquelas propostas dunha duración
máis reducida do habitual, que precisen dun espazo alternativo ao escenario para a súa representación. Duración total: 1 h 15 min.




AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal