AGADIC

Centro Dramático Galego


Galicia Escena PRO 2018: Gaia

Entremans


"O noso fogar, a Terra, está a cambiar rapidamente… Debemos atopar unha forma de vida máis respectuosa para protexer o noso planeta e o medio ambiente. GAIA perténcenos a tod@s. Podemos debuxar xunt@s, un mañá feliz e un mundo a toda cor."

Gaia é unha peza didáctica para público familiar (a partir de 3 anos). É o segundo espectáculo infantil de Entremans, logo da boa acollida que tivo a nivel nacional o seu anterior espectáculo, Xoga. En Gaia a voz e a danza achégannos coñecementos dende unha óptica visual e imaxinativa. É unha historia en movemento na que a pintura, a música e o audiovisual nos axudan a descubrir a intensidade, o poder e a beleza das características do noso planeta e dos seus tesouros naturais. É un encontro didáctico co que entender a importancia da interacción entre as persoas e o medio ambiente. Conta con axudas á produción da Agadic.

A compañía
Entremans é unha compañía de danza contemporánea creada en 2006 por bailaríns cubanos residentes en Galicia. Mantén unha filosofía de traballo grupal na que a creación e a dirección artística xeralmente se realizan en colectivo, o que fai que non poida definirse como unha compañía ao uso. Combinan as súas producións con labores formativos, colaboracións teatrais e asistencias coreográficas.

Foi premiada en varias ocasións e as súas creacións presentáronse en festivais nacionais e internacionais (Cuba, Bélxica, Suecia, Alemaña, Brasil, Luxemburgo, Francia, Italia, Portugal, Hungría).

Espectáculos: En la cuenca de tus ojos (2006), Hasta que no te lo comas todo… (2006), A palo seco (2006), Sí quiero (2006), Mapas (2007), Dejándome (2009), A medio metro de lo vivido (2009), Concerto Desconcerto (2009), 39 y medio (2011), Blondy’s Coffee pieza sola para dos mujeres (2011), Só un desexo (2015), Xoga (2015).


Ficha artística
Dirección: Kirenia C. Martínez, Estefanía Gómez
Guión e dirección de escena: Kirenia C. Martínez Acosta
Coreografía e interpretación: Kirenia C. Martínez, Estefanía Gómez
Voz en off: Ramiro Neira, Estefanía Gómez
Espazo sonoro: Carla López, Iago Mouriño
Aderezo e decoración: Equipo Creativo RTA (Xacobo) e Compañía Entremans
Deseño de iluminación: Equipo Creativo RTA (Diego)
Animación/vídeo: Ziwa
Arte-Imaxe: Gosia Trebacz
Vestiario: Santos Salgado, Compañía Entremans
Asesoramento lingüístico: Beatriz Corral
Asesoramento medioambiental: Noel Miguélez
Produción e distribución: Artestudio Xestión Cultural

Infantil, familiar (a partir de 3 anos)
Danza
50 minutos

Entrada gratuíta para o público xeral en función das butacas dispoñibles despois do acceso dos profesionais acreditados. As localidades retíranse previamente do despacho de billetes, aberto desde unha hora antes de cada función.

gaia


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal