AGADIC

Centro Dramático Galego


PISTACATRO en coprodución co CDG: Arnoia, Arnoia. O circo da casa pequena

TEXTO: Quico Cadaval baseándose no imaxinario e na peza de Xosé Luis Méndez Ferrín
DIRECCIÓN: Quico Cadaval

Pistacatro, en coproducción co Centro Dramático Galego (CDG), presenta o seu novo proxecto, un espectáculo de teatro-circo que dirixe Quico Cadaval e que está baseado na peza de Arnoia Arnoia de Xosé Luís Méndez Ferrín e no imaxinario do autor. Non se trata aquí de facer un espectáculo de circo cunha leve desculpa argumental, senón unha peza teatral, de aventuras e prodixios, nas que se usarán os recursos circenses para resolver os problemas escénicos e narrativos que nos inspire a idea motriz.

O Circo da Casa Pequena presenta a historia de Nmonadah, adolescente que con 16 anos perde aos seres queridos nunha guerra. Os sanguinarios Veciños asasinan á Nai Loretta.

Vese só para iniciar un camiño asexado por perigos que adquiren as formas luminosas e inquietantes dos artistas de circo: acrobatas, malabaristas excéntricos, escapistas, fakires, aeristas e clowns.

Nmonadah debe superar as nove probas que o devolvan á súa casa pequena, terá que fuxir dos Veciños, e enfrontarse as adiviñas dos gigantes leberkholm, o cabaleiro da floresta, as damas adormecidas, o labirinto dos Grou, no mundo subterráneo, as caravanas dos homes sen nome e os piratas do Calpurnia Abana.

Unha aventura na que non terá mais axuda que o amuleto Libredón e un castrón: Mestre Lionel.

Un circo na que os artistas en arriscadisimos xogos, poñen en perigo a sua propia memoria e identidade.

Unha lona de circo, coma sempre, será a metáfora do mundo.

Unha conversa entre o mundo múltiple do imaxinario de Ferrín e o prodixioso mundo do circo de Pistacatro Fábrica de soños, e o rol diplomático de Quico Cadaval, ordeando o tráfico.


Ficha artística:
Elenco: Ánxela Blanco, Aitor Garuz, Pablo Reboleiro, Álvaro Reboredo, Beatriz Rubio
Produción: Belém Brandido/José Expósito
Escenografía/Iluminación: Baltasar Patiño
Vestiario: Carlos Alonso
Axudante de dirección: Marcos Ptt Carballido, Clara Gayo
Música: Xurxo Pinheiro
Fotografía: Rubén Vilanova
Deseño imaxe: Juan Gallego
Duración: 75-80 minutos
Espectáculo para todos os públicos (idade recomendada a partir de 10 anos)

arnoia

Próximas representacións

18 de outubro - 20 de outubro
/// 20.30
Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Venda anticipada de entradas en abanca.com e na billeteira do Salón Teatro dúas horas antes do comezo da función
Encontro co público o xoves 18 ao finalizar a función



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal