AGADIC

Centro Dramático Galego


PROXECTO PANK e FUNBOA ESCÉNICA: Masa Madre + Sal Marina

Creación, dramaturxia e interpretación: Cristina Balboa e Manuel Parra García
Dirección: Cristina Balboa

Masa Madre + Sal Marina é o título dunha canción, a canción que naceu do encontro de Cristina e Manuel. Manuel e Cristina atopáronse e decidiron que querían facer teatro xuntos. Logo decidiron que preferían esquecer o teatro e dedicarse á música, compensando a súa falta de talento musical co entusiasmo que lles produce escoitar un temazo, ou formar parte del. Así foi como Cristina e Manuel decidiron deixar de sufrir e abrazar o pracer de estar aí e cumprir os seus soños. Porque o seu verdadeiro soño, o que sempre quixeron ser, é auténticas estrelas do pank.


Ficha artística:
Escenografía: Manuel Parra García
Iluminación: Afonso Castro
Audiovisual: Cristina Balboa e Miramemira
Produción executiva: Cristina Balboa e Manu Lago
Colaboradores: Iberescena, Centro Sociocultural de Santa Marta (Concello de Santiago de Compostela), Casa Inverso (Guadalajara/Jalisco) e Teatro Ensalle (Vigo)

masa_madre


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal