AGADIC

Centro Dramático Galego


PROXECTO PANK e FUNBOA ESCÉNICA: O que segue

Creación, dirección e interpretación: Cristina Balboa

O que segue é unha pregunta que tentarei responder de moitas maneiras ata que me dea de conta que non se pode. E entón será outra cousa. Pretende ser una peza marabillosa, un bo espectáculo, deses que os ves e flipas en cores. Durante os procesos véñenme á cabeza un montón de imaxes de éxito, recollendo premios, comendo en sitios con menú degustación, ríndome e explicando a todo o mundo o segredo do meu éxito. Logo, no real, pretendo ser modesta. Esas ensoñacións non son malas porque fan que busque o nunca visto, a idea perfecta e, ás veces pasa, así que hai que seguir intentándoo.


Ficha artística:
Iluminación: Afonso Castro
Axudante de dirección: Manuel Parra
Axudante de produción, distribución e deseño gráfico: Manu Lago
Proxecto apoiado cunha residencia Paraíso na Sala Agustín Magán de Compostela

o_que_segue


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal