AGADIC

Centro Dramático Galego


CONTRAPRODUCIÓNS: Fillos do sol

Texto e dirección: Cándido Pazó
Elenco: Alba Bermúdez, César Cambeiro e Adrián Ríos

Elucubración teatral sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión coa obra que ocupou toda a súa vida como escritor: Os Eoas. A cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, don Eduardo, xa octoxenario e comesto pola neurose dos seus últimos anos, confronta as súas dúbidas, medos e insatisfaccións creativas, tendo por interlocutores un personaxe nacido da súa perturbación: Eduardo, el mesmo cando comezaba, de mozo, a súa carreira literaria. E, como contrapunto, a vida real e diaria representada por Rosa, a criada da pensión na que o bardo está albergado.


Ficha artística:
Escenografía e vestiario: Carlos Alonso
Iluminación: Afonso Castro
Música: Guillerme Fernández

os_fillos_do_sol

Ligazóns relacionadas

Documentos relacionados



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal