AGADIC

Centro Dramático Galego


II Mostra de Cinema Latinoamericano Araguaney

Organizador: Fundación Araguaney- Puente de Culturas

Esta mostra aspira a ofrecer unha visión o máis ampla e transversal posible da realidade social e cultural desta rexión do planeta, respectando a súa riquísima diversidade e os seus matices a través del cine. Deste xeito, rompe unha vez máis estereotipos, para achegarse a un ámbito cultural tan próximo, a pesar da distancia.
Nesta segunda edición da Mostra de Cinema Latinoamericano, a Fundación Araguaney continúa a afrontar o reto que supón saldar unha débeda cun dos seus piares: América Latina.

Luns 20. 20:00 h
GALA INAUGURACIÓN II MUESTRA DE CINE LATINOAMERICANO ARAGUANEY Y
ENTREGA DE PREMIO REVBELA
Galardoado: Javier Bauluz pola súa proposta gráfica "La rebelión de los nietos del sandinismo".
Javier Bauluz polo seu traballo "La rebelión de los nietos del sandinismo".
Fotoperiodista español galardoado co Premio Pullitzer en 1995 e co Premio Xornalismo e Dereitos Humanos en 2008 e en 2016. En 2016 funda "Xornalismo Humano" un medio de comunicación sen ánimo de lucro enfocado aos dereitos humanos.

Luns 20. 22:00 h
¡LAS SANDINISTAS!
Jenny Murray | 2018 | 100 minutos | USA
As mulleres que participaron e lideraron a Revolución Sandinista de 1979 en Nicaragua relatan as luces e sombras dun proceso determinante para a historia do país.

Martes 21. 20:00 h
EL PACTO DE ADRIANA (Doc)
Lissette Orozco | 2017 | 96 minutos | Chile
De nena, a directora deste documental sempre tivo unha ídola: a súa tía Adriana. A súa imaxe derrúbase cando descobre que traballou para a policía secreta de Pinochet.

Martes 21. 22:00 h
SUEÑO EN OTRO IDIOMA (Fic)
Ernesto Contreras | 2017 | 103 minutos | México
Unha lingua indíxena agoniza mentres os seus dous últimos falantes, Evaristo e Isauro non se dirixen a palabra. Martín, un mozo lingüista, trata de reconcilialos para seguir mantendo vivo ese coñecemento milenario.

Mércores 22. 20:00 h
CHAVELA (Doc)
Catherine Gund y Daresha Kyi | 2017 | 96 minutos | USA
Unha ollada á vida da intérprete Chavela Vargas, cuxas versións de música popular mexicana fixérona famosa.

Mércores 22. 22:00 h
SINFONÍA PARA ANA (Fic)
Ernesto Ardito y Virna Molina | 2017 | 120 minutos | Arxentina
Ana e Isa son amigas inseparables que viven tempos de amor e rebeldía no tradicional Colexio Nacional de Bos Aires. A súa vida cambiará drasticamente cando estala en Arxentina o Golpe de estado de 1976.

Xoves 23. 20:00 h
HASTA LOS DIENTES (Doc)
Alberto Arnaut | 2018 | 105 minutos | México
En 2010, o goberno mexicano anunciou a morte de dous sicarios na cidade de Monterrey. Días despois descubriuse que eran en realidade dous estudantes que foron torturados e finalmente asasinados.

Xoves 23. 22:00 h
LA NOCHE DE 12 AÑOS (Fic)
Álvaro Brechner | 2018 | 122 minutos | Uruguay
Unha noite de 1973 tres activistas políticos uruguaios son levados a unha prisión militar secreta. Como non poden matalos deciden levar a cabo un plan máis macabro: volvelos tolos. Entre eles atópase Pepe Mujica que décadas máis tarde gobernaría o país.

Venres 24. 20:00 h
ESPERO TUA (RE) VOLTA (Doc)
Eliza Capai | 2019 | 93 minutos | Brasil
Tres mozos relatan desde dentro o movemento estudantil que gañou forza a partir do ano 2015 ocupando escolas públicas por todo Brasil.

Venres 24. 20:00 h
VENNEO (Fic)
Tabaré Blanchard | 2018 | 96 minutos | República Dominicana
Jack Veneno, o loitador máis famoso da historia de República Dominicana, saltou do ring á televisión e de alí á alma de todo un país.




AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal