AGADIC

Centro Dramático Galego


REDRUM TEATRO en coprodución co CDG: Invisibles

Texto: Montse Fajardo
Dirección: Marián Bañobre

Un lugar indeterminado.
Tres mulleres.
Sete testemuños reais. Setenta minutos. Un millón de razóns para falar do maltrato. Non máis invisibles.

A compañía
Redrum Teatro é unha empresa cultural dedicada á produción e distribución de espectáculos teatrais e edición de libros constituída en 2009. Dende a súa fundación non parou de producir espectáculos de diferentes formatos sempre, cun coidado concepto estético e artístico como selo persoal da compañía e cunha clara vontade de entreter.
Conscientes de que o teatro debe servir como instrumento social, terapéutico e pedagóxico, foise especializando en espectáculos didácticos dirixidos ao público infantil con textos da súa autoría, ao tempo que compaxina a súa produción con montaxes para o público adulto. Ademais, trata de facer un teatro lonxe de elitismos e inclusivo, que pretende abarcar un público de toda clase de condición social.


Ficha artística:
Dramaturxia: Marián Bañobre e Sheyla Fariña
Elenco: Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez
Escenografía: Redrum Teatro
Iluminación: Laura Iturralde
Música: Davide González
Axudante de dirección: Toni Salgado
Outras entidades coprodutoras: Concellería de Igualdade de Pontevedra

invisibles


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal