AGADIC

Centro Dramático Galego


JAVIER MARTÍN en coprodución co CDG: SOMA

ESTREA

Creación: Javier Martín (coreógrafo e performer) e Joaquín Jara (escultor e performer)

SOMA é unha experimentación escénica e matérica que se concentra no estudo do corpo e do movemento como sombra e fragmento. A medida e o peso son expresión da súa potencia e desaparición, a súa necesaria grieta e abismo. Un saír do rito.

Instalación e performance que bailarín, escultor e iluminador comparten, transitando por diferentes estados físicos, conceptos estéticos e calidades de movemento, relacionándose e difuminando roles mediante esculturas, materiais, ambientes, obxectos e coreografías que se van despregando nun espazo conformado ante o espectador.

Javier Martín Desenvolve un proxecto de investigación de corte epistemolóxico e crítico ao redor das artes do movemento. Situado na creación coreográfica e performativa, atopa as súas fugas en distintos desbordamentos discursivos e as súas aplicacións (escrita, conferencias performativas, laboratorios, grupos de investigación, etc.). Desde os seus inicios en 2005, creou e presentou máis de 30 pezas en España, Francia, Rusia, Portugal, Ucraína, México, Guatemala e Uruguai. O seu traballo en torno ao movemento e o corpo está baseado nos rigores da improvisación como principal método de creación e linguaxe escénico. Aborda a creación en danza desde unha perspectiva transdisciplinar, colaborando con distintos artistas e abrindo a miúdo os seus procesos a outras comunidades, procurando un corpo ampliado ou ácrata.

Joaquin Jara Joaquin Jara é escultor ambientalista. Todo o seu traballo conflúe nun obxectivo común: entender o proceso de creación e desintegración do retrato como obra. A súa formación, fundamentalmente autodidacta, céntrase no estudo de traxedias e ritos clásicos, a natureza, en especial o mundo vexetal, co que sempre estivo en contacto, a cuestión do paso do tempo como transformador que oculta ou revela designando significacións ao redor do concepto de achado, desaparición e aparición e a performatividade nos procesos de creación, aparecendo na manipulación da materia. A súa produción artística céntrase na serie de intervencións efémeras escultóricas en contornas naturais e urbanas a nivel internacional, algunhas pezas: Vacuo, USA. PADRE. España. Ruína Central. Finlandia. Puente entre Manglares. República Dominicana. IAUNA TRINA. Jerusalem. Récupérer le sacré coeur. Francia


Ficha artística:
Co-creación: Javier Martín, Joaquín Jara
Escultura: Joaquín Jara
Movimiento: Javier Martín
Luz: Octavio Mas
Sonido en directo: Artur M. Puga
Producción ejecutiva: Sabela Mendoza
Coproducción: Centro Dramático Galego & Javier Martín
Residencia artística: L’animal a l’esquena
Colabora: Gadis
Agradecementos: Xoan-Xil López

soma

Ligazóns relacionadas

Documentos relacionados



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal