AGADIC

Centro Dramático Galego


TEATRO OB-SCENO: Váter, Margarita e Sorpresa

Mira con outros ollos


Váter (comedia claustrofóbica)
SAL DO TEATRO
No camerino

Texto: Roberto Salgueiro
Dirección: Beatriz Bravo
Elenco: Pablo Aldrey e Borja Salgado
Escenografía e iluminación: Javier Quintana
Vestiario: Sal do Teatro

O váter que se atopa na sancristía da igrexa da vila está atascado. Por este motivo, o crego chama a Moncho, o fontaneiro do pobo. Por culpa dunha pechadura "moderna", ambos quedan pechados nese pequeno espazo, agardando polo señor Tallón, o vello sancristán da igrexa, para que lles abra a porta. A espera lévaos á desesperación, e a desesperación, a amosar as súas verdadeiras personalidades nesta hilarante comedia.

- - -
Margarita
TEATRO EN PUNTO
Na oficina

Baseada nun artigo de Maruja Torres, escrito nun artigo publicado no suplemento dominical de El País (1994)
Dirección: Roberto Leal
Elenco: Sonia Barros
Produción: Gloria Rico

Unha muller para a que só poderiamos ter loanzas, dende a comodidade da nosa vida resolta, si non fose porque algo escuro, enmarañado obrigouna a saltar as leis que rexen a nosa sociedade... Margarita merecía un destino mellor.

- - -
Sorpresa!
ENCONARTE PRODUCCIONES
Na biblioteca

Autoría: Arantxa Treus e Déborah Vukušic
Dirección e escenografía: Déborah Vukušic
Elenco: Arantxa Treus
Vestiario: Jandro Villa
Voz en off de Álvaro: Xurxo Cortázar

Nora ten preparada a festa polo 40 aniversario do seu home; unha festa sorpresa á que vindes compañeiros, familiares e amigos da parella. Excitada, entra coa torta, ultimando os detalles para que todo saia perfecto pero, u-lo Álvaro?

Teatro Ob-Sceno (Fóra de escena) está pensado para dar cabida a aquelas propostas dunha duración máis reducida do habitual, que precisen dun espazo alternativo ao escenario para a súa representación.
Duración total: 1 hora e 15 minutos




AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal