AGADIC

Centro Dramático Galego


AVELINA PÉREZ & VELPISTER: Deixa de tocala, Sam

Dirección escénica e dramaturxia: AveLina Pérez

Deixa de tocala, Sam é unha proposta incompleta. Un xogo coa indeterminación. Un xeito de sinalar o fastío.

O punto de partida desta creación ten lugar hoxe, agora, cando os referentes se esnaquizan contra o chan, nun golpe seco, e os varredores de lixo recollen o lixo nas bolsas para o lixo. Cando o príncipe de Dinamarca xa non nos salva.

En 2018 AveLina Pérez presenta, dentro do ciclo Teatro Ob-Sceno organizado polo CDG, a curta teatral Deixa de tocala, Sam. Na zona de montacargas do Salón Teatro, entre aparellos teatrais desordenados e sen uso, iníciase un cuestionamento escénico acerca do poder e do brillo, unha pregunta que alude aos lugares elevados.

Desde esa experiencia xurde, na autora, a necesidade de facela medrar e de seguir profundando na relación entre os poderes establecidos e os lugares que permanecen á sombra, agochados e afastados dos focos. Desta vez a idea é situar a escena no lugar central, no escenario; iluminar e poñer no foco a pregunta teatral potenciando así o paradoxo.

Para levar adiante este traballo AveLina contacta co pianista Velpiste, artista multidisplinar cuxo traballo atende ás cuestión relacionados co poder e coa ruptura dos canons establecidos e, entre os dous iníciase un dialogo artístico que permite a creación desta peza.

Hamlet, Deus, Billy o neno, unha muller cun dente de ouro que bota pan aos peixes da praza, o rei, a actriz, o pianista… todos compoñen esta paisaxe teatral e musical que procura un encontro de incertezas, unha protesta absurda e inútil e -outra vez o paradoxo- celebra o feito da vida.


Ficha artística:
Texto: AveLina Pérez
Dirección: AveLina Pérez
Elenco: AveLina Pérez e Velpister
Iluminación: Daniel Casquero
Son: música en directo por Velpister
Vídeo: Jesús Andrés Tejada
Produción: AveLina Pérez
Co apoio de Teatro Ensalle e ESAD de Galicia

deixa_de_tocala_sam


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal