AGADIC

Centro Dramático Galego


FUNBOA ESCÉNICA en coprodución co CDG: O que segue

ESTREA

Texto, dirección e interpretación: Cristina Balboa

"O que segue son eu que o sigo intentando, soñando que conseguirei satisfacer completamente a miña necesidade de comunicación. Non pode existir sen a música nin os xuízos das miñas disertacións sobre a realidade. É un acto de resistencia escénica a través da composición musical, o vídeo, a danza e un relato feroz do cotiá e as miñas contradicións entre a arte e a vida".

Levaba un tempo pensando en facer unha obra relacionada coa miña nova faceta de compositora musical, a miña afección por bailar nas discotecas e a miña querenza cara os textos demoledores. O que segue foi o proxecto que presentei á convocatoria das Residencias Paraíso para materializar a miña busca nunha primeira fase. O apoio outorgóuseme e sen dúbida foi o detonante principal para facer xurdir algo novo que doutra maneira non nacería nese momento nin con esta infraestrutura.

A diferenza dos meus anteriores traballos, onde sempre había un período de xestación antes de entrar ao espazo de ensaio, en O que segue intentei descubrir o xerme do proceso no propio espazo enfrontándome a el. A investigación in situ xerou unha dramaturxia desde o concepto de baleiro, deserto ou naufraxio consentido, onde a miña relación coa música, que me mantiña a flote, foi xerando unha dramaturxia baseada na composición musical en vivo e no relato que sucede nese acto performativo.


Ficha artística:
Creación, dirección, textos e interpretación: Cristina Balboa
Asistencia dirección: Manuel Parra García
Iluminación: Afonso Castro
Música orixinal: Cristina Balboa
Produción: Manu Lago e Cristina Balboa
Vestiario: Paula Quintas
Espazo escénico e imaxe promocional: Mauro Trastoy
Tradución: Natalia Troitosende
Vídeo: Ángel Sousa
Foto e web: Manu Lago
Difusión Mónica Mejías · Correveydile
Produce: Funboa Escénica
Coproduce Centro Dramático Galego - Agadic - Xacobeo 2021 - Xunta de Galicia
Colaboran: Colectivo RPM, Concello Santiago de Compostela, Deputación da Coruña, Proxecto PANK, Galicia Danza Contemporánea

Duración: 60 min. aprox.
Público: +16 anos

o_que_segue


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal