AGADIC

Centro Dramático Galego


LA QUINTANA TEATRO: Desde o invisible

Dramaturxia: Irma Correa y Rubén Tejerina
Dirección: Rolando San Martín

Unha muller embarazada que non sabe se o seu bebé terá unhadiscapacidade, unha moza que non acepta que o martes non haipiscina, outra no seu primeiro día de traballo, unha irmá que xa nonpode máis... Mozas e mozos diferentes, monitores, familiares,veciños, coñecidos, descoñecidos... Unha obra na que se mostran distintas perspectivas dunha mesma realidade, que nos fará reformular o concepto de que é ser normal? Dúas actrices interpretan máis de dez personaxes nun quebracabezas de vidas moi descoñecidas para moitos de nós pero que tentan ser felices como o resto do mundo.

Por que eu son eu e non son ti? Preguntas que quedan abertas para que o propio espectador busque as súas propias respostas...mentres un músico en escena a través de materiais reciclados reforza con sons os momentos dramáticos, instrumentos a priori invisibles na nosa vida cotiá.

A potencia do espectáculo reside no seu contido social tanto como na posta en escena cunha estética sinxela que non fai concesións ao artificio nin ao sentimentalismo.


Ficha artística:
Creación: Irma Correa, José Manuel Pizarro, Isabel Rodes, Rolando San Martín, Victoria Teijeiro e Rubén Tejerina
Dramaturxia: Irma Correa e Rubén Tejerina
Dirección: Rolando San Martín
Elenco: Esther Aja, Nacho Martín e Victoria Teijeiro
Vestiario: Ikerne Jiménez
Escenografía: Alicia de Miguel e Ikerne Jiménez
Iluminación: Rosana García
Vídeo: Raúl Arias, Alberto Zuya, Germán Michelena e Josito Hernández
Creación musical: José Manuel Pizarro
Realización técnica: Enrique Benito
Tradución: Santiago Cortegoso
Distribución: María Moral

desde_o_invisible

Ligazóns relacionadas

Documentos relacionados



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal