AGADIC

Centro Dramático Galego

LIMIAR TEATRO en coprodución co CDG: Se fosen turistas, levarían gafas de sol

Dirección e dramaturxia: Fran Núñez

"COMEDIA DE AUTOFICCIÓN DOCUMENTAL TRANSDISCIPLINAR E INTERXENERACIONAL PARA ESPECIES DE ESPAZOS E PÚBLICO CON OU SEN MEMORIA"

A memoria é un arma que se dispara sen querer. Recordamos, esquecemos.

A memoria é múltiple, é diversa. Nada hai máis democrático e tirano que a memoria. Memoria individual, íntima, secreta, memoria colectiva. A memoria é un espello que non deixa ver o presente pero proxecta o noso futuro. Hoxe é memoria do mañá, futuro do onte. Somos produto dun espazo, dun tempo, dunha memoria. O ser humano loitou desde sempre por controlar o espazo, por reconstruír a memoria... pero o tempo escapa entre os dedos.

España, Italia e Portugal compartimos memoria do exilio, da emigración, e aínda así hoxe nos esforzamos por esquecela fronte a outros exilios, outras migracións. Mudamos o Atlántico por outros mares e os Pirineos ou os Alpes por outros montes pero a historia é a mesma. Muda a época, mudan as persoas pero a historia repítese. Dicíanos un familiar que o mundo estaba dividido en dous: os fodidos e os que foden. Non lembramos que estivemos dun lado. Lembraremos que estamos no outro? Que lle contaremos ás nosas netas cando pregunten que pasou, cando pregunten por que? Todas as persoas somos fillas, nais, irmáns de emigrantes, pero algunhas esquecemos quen fomos. Non sabemos quen somos e temos medo do que seremos. Non deixamos o noso país por vontade propia. Sabémolo. Elas tampouco.

- - -

Se fosen turistas levarían lentes de sol é o segundo proxecto da triloxía do espazo e o tempo, que se desenvolve desde fai cinco anos e no que Limiar Teatro investiga sobre a memoria colectiva, a idea de ciclo, o concepto de progreso, espazo e territorio e tempo.

O primeiro proxecto Pangeia (2014/2015) tomou como punta de partida os ciclos da terra, os ciclos da sociedade e os ciclos na vida do ser humano.

Se fosen turistas levarían lentes de sol (2019/2020) céntrase na emigración e como esta cambia a sociedade de orixe e de destino. A partir da experiencia dos intérpretes coa emigración constrúese un mosaico de ideas, reflexións e sensacións. Utilízase a emigración como escusa para tratar os temas de identidade. permeabilidade social e memoria.

*Función descontraída: sesión cunha atmosfera máis acolledora e con máis tolerancia respecto do barullo e movemento na platea. Destínase a todas as familias e persoas que prefiren un ambiente máis relaxado, ou que nel se sinten máis a vontade, por exemplo, persoas con déficit de atención, deficiencia intelectual, espectro autista, deficiencias sensoriais, sociais ou de comunicación. Tamén está destinado a persoas que simplemente non se encontran a vontade na rixidez do protocolo dunha sesión teatral ao uso.

Ficha artística:
Dirección e dramaturxia: Fran Núñez
Dirección musical e composición: Brais Iriarte
Espazo e iluminación: Coco Castro e Fran Núñez
Equipo de produción: Gimenez & Giménez, Carlos Martínez Carbonell e Fran Núñez

se_fosen_turistas

Próximas representacións

11 de decembro
/// 11.00
Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Función descontraída*. Entrada única: 3,00 euros
Venda anticipada de entradas en Abanca e na billeteira do Salón Teatro dúas horas antes do comezo da función.

12 de decembro
/// 11.00
Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
F. escolar

12 de decembro - 14 de decembro
/// 20.30
Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Venda anticipada de entradas en Abanca e na billeteira do Salón Teatro dúas horas antes do comezo da función.

15 de decembro
/// 18.00

19 de decembro - 21 de decembro
/// 20.30
Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Encontro co público ao termo da función do xoves 19.
Venda anticipada de entradas en Abanca e na billeteira do Salón Teatro dúas horas antes do comezo da función.

AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal