AGADIC

Centro Dramático Galego


APORÍA ESCÉNICA: Animal Sagrado

GRAN TEATRO PARA OS MÁIS PEQUENOS

Dirección e textos: Diana Mera
Interpretación: Fran Lareu e Diana Mera

Lembra que ti tamén tes alma de animal.
A partir desta idea esencial, establécese un reencontro cos animais como seres vivos únicos, sabios e inocentes dos que temos moito que aprender de establecermos unha relación equilibrada e orgánica, afastada da consideración de obxectos da nosa propiedade.
Animal sagrado procura traer á actualidade ese amor profundo e respecto pola vida a través da historia de tres animais considerados máxicos e sagrados en distintas culturas: o gato en Exipcio, o elefante en África e os peixes Koi en Xapón. Todos eles animais ben coñecidos para os nenos e nenas de hoxe.
Preténdese, desta maneira, establecer un nexo de unión entre a historia pasada e a historia presente, trazando un arco que transite desde o cercano e cotián ata lonxano e exótico; desde realidades concretas ás que temos acceso, como os gatos nos refuxios de animais e a caza masiva de elefantes, ata as lendas milenarias de Xapón e a cultura do Antigo Exipto.

+ Taller CREANDO ESPAZOS ESCÉNICOS
Sábado 28 de 17 ás 19 h. e domingo 30 de 10:30 a 12:30 h. e de 17:00 a 19:00 h. na Biblioteca do Salón Teatro
Idade recomendada para o taller: 5 anos
Con este obradoiro descubriremos a importancia que ten o espazo escénico nos espectáculos. Observaremos como varían as sensacións que recibimos en función das cores, da luz, das texturas e dos volumes. E veremos como un mesmo personaxe nos transmite diferentes emocións segundo o espazo que habite.

* Non se require que un adulto acompañe ao menor durante o taller, pero si durante a función.

Prezos e venda de entradas:
Na billeteira do Salón Teatro 2 horas antes de cada función, en entradas.abanca.com ou no teléfono 902 43 44 43

Prezo xeral + taller gratis: 8,00 €
Prezo familiar + taller gratis 6,00 €: 3 entradas ou máis para a mesma ou distintas funcións

Reserva de prazas nos talleres:
Non terán validez as prazas reservadas por correo electrónico.
Imprescindible a reserva telefónica previa das prazas no 881 867 229 (de 9 a 14 h.). As prazas asignaranse por estrita orde de reserva telefónica/compra ata esgotar as prazas dispoñibles. Prazas limitadas:30.


Ficha artística:
Dirección e textos: Diana Mera
Dramaturxia: Jorge Gallardo e Diana Mera
Interpretación: Fran Lareu e Diana Mera
Escenografía, máscaras e marionetas: José Faro, Coti
Iluminación: Javier Quintana
Vestiario: Cristóbal Vidal
Son: Jorge Gallardo
Gráfica: Lucía Alvariñas, María Caruncho e Diego Lapuerta
Cartel: Laura Estévez Alfonso
Vídeo: Deica Audiovisual
Fotografía: Serxo González e Pablo Pintor
Público a partir de 3 anos

animal_sagrado


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal