AGADIC

Centro Dramático Galego


COMPAÑÍA IO: 4 segundos

Espectáculo de novo circo e danza contemporáneos


4 segundos foi o tempo que lle levou a ese montón de ferros caer sobre o meu corpo. Uns segundos que se converteron en minutos. Uns segundos que, nesta ocasión, sacaron o mellor e máis puro de min. O medo diluiuse para deixar o protagonismo a un corpo áxil e resolutivo. Esta peza fala de accidentes, de risco, da vida e do autocoñecemento. 4 segundos lémbranos ao animal que todos levamos dentro. Ese animal que, en ocasións, pode chegar a salvarnos a vida. ​

Sobre o escenario no medio dunha néboa densa aparécense dúas figuras humanas, Ela tumbada sobre el, no chan. Pouco a pouco ambos recuperan a súa vitalidade e con ela aparece o movemento. Sen embargo hai algo estrano nas súas miradas. Xa nunca volverán a ser os mesmos. Acaban de vivir sen dúbida unha experiencia trascendental que lles cambiará a vida.


Ficha artísitica:
Dirección e dramaturxia: Álvaro Reboredo "Fitinho"
Interpretación: Beatriz Rubio, Javier Lemus, Álvaro Reboredo
Música electrónica experimental: Javier Lemus​
Dirección movemento e coreografía: Maximiliano Sandford
Escenografía: Beatriz Rubio
Vestiario: Atelier Efímero
Iluminación: Javier Quintana
Voces: Aitor, Avelina, Amparo Girisho, Raquel, Toni e Álvaro
Fotografía: Clara Pedrol
Agradecementos: INAC Porto, ESMAE Porto, ESAD de Galicia, CIRCONOVE Santiago de Compostela, ANDÉN 38 A Coruña, SCUD HERO, Julián Carrara, Chiplab Studio, Afonso Becerra, Laura Rubio, Carlos Sante, Malala e Iván

4segundos


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal