AGADIC

Centro Dramático Galego


LA QUINTANA TEATRO en coprodución co CDG: O Premio

Dramaturxia: Santiago Cortegoso
Dirección: Marián Bañobre

O Premio é unha comedia aceda que fala da situación das persoas dentro dun futuro próximo no que o progreso tecnolóxico e a loita cara ao éxito económico, sentimental e social fose tal, que se viron obrigadas a caer en O Premio como única fórmula de conseguir a felicidade.

O Premio é un reallity en directo onde o público vota a quen merece levar o premio da súa vida: "Morrer logrando a fama. Todo por un soño".

- - -

Nun futuro non moi afastado, cando o envellecemento da poboación sexa tal que a carga das pensións mergulle ao país na "crise ao cubo" aos dirixentes da nación española, ocórreselles unha insólita e popular medida: crear o xogo da túa vida.

ASÍ TODOS GAÑAN:
1 Afórranse os gastos que esa persoa vai ocasionar ao estado.
2 Xéranse ingresos millonarios por parte dos patrocinadores e publicidades.
3 O concursante poderá cumprir os seus soños.
4 Unha causa nobre beneficiarase con 5 millóns de euros.

Tres concursantes escollidos entre o público cada semana.

O público decidirá "en directo". Ti elixes!

Queres ser o gañador de O Premio?
Queres dar a túa vida por un soño?
Ti pos o precio!


Ficha artística:
Dirección: Marián Bañobre
Dramturxia: Santiago Cortegoso
Elenco: Victoria Teijeiro, Raquel Espada, Xurxo Cortázar
Dirección musicial: José Luís Fraga
Axudante de dirección: Magdalena Barro
Escenografia e vestiario: Marisa de Laiglesia
Deseño de luces: Javier Quintana
Técnico en xira: Anxo Outumuro
Peiteados e maquillaxe: Fany Mosqueira
Vídeo: Lucía Estévez
Actrices vídeos: Sheyla Fariña e Antía González
Espazo sonoro: José Luís Fraga
Outras entidades coprodutoras: Escénate, Zeena Producciones, Centro Dramático Galego e Ayuntamiento de Madrid.

o_premio

Documentos relacionados



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal