AGADIC

Centro Dramático Galego


"IV TORNEO DE DRAMATURGIA" EN STREAMING


O Centro Dramático Galego (CDG) volver colaborar co Torneo de Dramaturgia do Teatro Español de Madrid para apoiar a participación da galega Paula Carballeira como un dos oito dramaturgos desta experiencia, ideada por Jordi Casanovas e desenvolvida pola produtora LAZONA.

O Torneo terá lugar do 1 ao 15 de xullo ás 17.00 horas na Nave 11 - Sala Fernando Arrabalde nas Naves del Español en Matadoiro e, debido ás actuais circunstancias, será retransmitido en directo vía streaming e sen público presencial a través da canle de Youtube de Teatro Español.

Xunto con Paula Carballeira, nesta cuarta edición foron seleccionados Marga Llano, Jordi Galceran, Jose Padilla, Paula Carballeira, Maxi Rodríguez, Jordi Casanovas, Denise Despeyroux y Celia Morán como destacados representantes do seu ámbito a nivel estatal. Todos eles crearon os seus textos ex professo para o torneo. Ademais, 12 dos 16 intérpretes que interveñen no Torneo proceden da Bolsa de actores e actrices do Español.

A prioridade é achegarlle ao público o traballo destes creadores a través de combates de dramaturxia "dous a dous" en tres roldas: cuartos de final, semifinais e final. Por primera vez, o público determinará co seu voto a través de Internet o vencedor ou vencedora do Torneo. Así, en cada eliminatoria leranse dous textos e, unha vez terminado o combate, o público dixital contará cun prazo de 3 minutos para poder emitir o seu voto a través de Internet e decidir cal deles pasa á seguinte fase. O programa é o seguinte:

1 de xullo: MARGA LLANO & JORDI GALCERAN
2 de xullo: JOSE PADILLA & PAULA CARBALLEIRA
3 de xullo: CELIA MORÁN & DENISE DESPEYROUX
4 de xullo: JORDI CASANOVAS & MAXI RODRÍGUEZ
7 de xullo: Primeira semifinal
9 de xullo: Segunda semifinal
15 de xullo: GRAN FINAL


Ligazóns relacionadas



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal