AGADIC

Centro Dramático Galego


MÉRCORES DE VARANDA: Concerto de Hugo Franco e Claudia Abril

CENTENARIO SALÓN TEATRO 1920—2020

Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021

O CDG celebra o centenario do Salón Teatro de Santiago co programa musical Mércores de varanda, que ofrecerá oito concertos de artistas e grupos galegos para conmemorar o centenario da inauguración deste edificio da rúa Nova compostelá, onde a unidade de produción teatral da Xunta de Galicia ten a súa sede desde 1999.

Hugo Franco nado en Vigo, Galicia en 1996 comeza desde unha idade temperá a facer as súas primeiras composicións, pero a súa música non verá a luz ata a súa adolescencia cando comeza a formarse no folk e na música tradicional galega.

Despois de varios proxectos con distintos músicos e grupos como DADGA (con Claudia Abril que o acompaña neste concerto), o seu primeiro EP en solitario chamado "IF IT FEELS GOOD, THEN IR MUST BE" que é integramente producido e gravado por el no verán de 2019.

Actualmente está compoñendo e ideando as liñas que trazarán o que será o seu seguinte álbum, neste caso de longa duración e moi centrado na sonoridade actual. Con grandes influencias do folk americano, bluegrass, blues e a música tradicional galega trata de aproximarse a sons e liñas que lembran ó trap, soul e demais música afroamericana.


hugo_franco


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal