AGADIC

Centro Dramático Galego


MÉRCORES DE VARANDA: Concerto de Emilio Rúa

CENTENARIO SALÓN TEATRO 19202020

Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021

O CDG celebra o centenario do Salón Teatro de Santiago co programa musical Mércores de varanda, que ofrecerá oito concertos de artistas e grupos galegos para conmemorar o centenario da inauguración deste edificio da rúa Nova compostelá, onde a unidade de produción teatral da Xunta de Galicia ten a súa sede desde 1999.

Emilio Rúa en concerto presenta varios temas propios da súa extensa discografía, como Vida Mina que foi elixida como unha das dez mellores cancións galegas de todos os tempos, así como versións e adaptacións de temas universais e populares da súa terra, sempre cunha visión moderna da música mesturando a tradición e o actual.

No seu último disco Duetos canta a dúo con Víctor Manuel, Pablo Milanés, Rozalén, Sole Giménez, Carlos Goñi, Javier Álvarez, etc.

Actualmente leva 37 anos na música desde que comezou a cantar no grupo familiar Concorde Atenea co seu pai e os seus catro irmáns á idade de sete anos.


emilio_rua


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal